Dicionario
É posible traducir palabras dun idioma a
outro. É posible que non se admitan todos
os idiomas.
Procura dunha palabra para traducir
1 Seleccione >
Aplicacións
>
Oficina
>
Dicionario
.
2 Insira o texto no campo de busca. Ao
introducir o texto, amósanse
suxestións das palabras a traducir.
3 Seleccione a palabra na lista.
Seleccione
Opcións
e escolla entre as
seguintes:
Escoitar — Escoite a palabra
seleccionada.
Historial — Atope palabras traducidas
anteriormente á sesión actual.
Idiomas — Cambie o idioma de orixe ou
de destino, descargue idiomas de Internet
ou elimine un idioma do dicionario. O
idioma inglés non se pode eliminar do
dicionario. Xunto co inglés, pode ter
instalados dous idiomas máis.
Discurso — Edite os axustes da función
de voz. Pode axustar a velocidade e o
volume da voz.