Asistencia técnica
Se desexa obter máis información verbo
do uso do seu produto ou se non está
seguro do funcionamento do seu
teléfono, consulte a páxina
www.nokia.com/support, ou se está
utilizando un dispositivo móbil, a páxina
www.nokia.mobi/support. Tamén pode
seleccionar >
Axuda
no seu
dispositivo.
Se así non se resolve o seu problema, tente
unha das seguintes opcións:
•
Reinicie o dispositivo. Apague o
dispositivo e saque a batería. Agarde
un minuto aproximadamente, volva
colocar a batería e acenda o
dispositivo.
•
Restaure os axustes orixinais de
fábrica.
•
Actualice o software do dispositivo.
Se continúa sen resolverse o problema,
póñase en contacto con Nokia para obter
información acerca doutras opcións de
reparación. Consulte a páxina
www.nokia.com/repair. Antes de enviar o
dispositivo a reparar, garde sempre unha
copia de seguridade dos datos do
dispositivo.