Aumento da duración da batería
Neste dispositivo existen moitas funcións
que aumentan o consumo de enerxía e
reducen a duración da batería. Para
aforrar enerxía da batería, teña en conta
o seguinte:
•
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth, ou permitir que estas
funcións se executen en segundo
plano mentres utiliza outras,
aumentan o consumo de enerxía da
batería. Desactive o Bluetooth cando
non o necesite.
•
Se axustou
Conexión paquetes
datos
en
Se está dispoñible
nos
axustes de conexión e non existe
cobertura de paquete de datos (GPRS),
o dispositivo tenta establecer
periodicamente unha conexión de
paquete de datos. Para aumentar a
duración do funcionamento do
teléfono, seleccione >
Axustes
e
Conexión
>
Paquetes datos
>
Conexión paquetes datos
>
Se
cómpre
.
•
A aplicación Mapas descarga nova
información do mapa cando vostede
se despraza ata novas zonas deste, o
que aumenta o consumo de enerxía
da batería. É posible evitar a descarga
automática de novos mapas.
•
Se a potencia do sinal da rede móbil
varía considerablemente na súa zona,
Axuda 87
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
o dispositivo buscará a rede
dispoñible repetidamente. Isto
aumenta o consumo da enerxía da
batería.
Se o modo de rede se axusta en modo
dual nos axustes de rede, o
dispositivo buscará a rede 3G. É
posible axustar o dispositivo para
empregar só a rede GSM. Para
empregar só a rede GSM, seleccione
>
Axustes
e
Teléfono
>
Rede
>
Modo de rede
>
GSM
.
•
A luz de fondo da pantalla aumenta a
demanda de enerxía da batería. Nos
axustes de pantalla, é posible
modificar o tempo de espera tralo cal
se apaga a luz de fondo. Seleccione
>
Axustes
e
Xeral
>
Personalización
>
Pantalla
>
Duración luz
.
•
Deixar que as aplicacións se executen
en segundo plano aumenta o
consumo de enerxía da batería. Para
cerrar as aplicacións que non está a
usar, prema e manteña pulsada a
tecla Menú, desprácese ata a
aplicación e prema C.
•
Para aforrar enerxía, active o modo de
aforro de enerxía. Prema a tecla de
acendido e seleccione
Activar aforro
de enerxía
. Para desactivalo, prema
a tecla de acendido e seleccione
Desactiv. aforro enerxía
. Pode que
non sexa quen de cambiar os axustes
dalgunhas aplicacións cando o modo
de aforro de enerxía está activado.