
Verbo do software do dispositivo e das
actualizacións das aplicacións
Coas actualizacións do software do
dispositivo e as actualizacións das
aplicacións, pode obter novas
características e funcións melloradas para
o dispositivo. A actualización do software
pode mellorar tamén o rendemento do
dispositivo.
Recoméndase que realice unha copia de
seguridade dos seus datos persoais antes
de actualizar o software do dispositivo.
Aviso:
Se instala unha actualización de software,
non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.
A descarga de actualizacións de software
pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo
dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
86 Axuda
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Despois de actualizar o software ou as
aplicacións do dispositivo, é posible que
as instrucións da guía de usuario non
estean xa actualizadas.