
Acerca de Bluetooth
A tecnoloxía Bluetooth integrada no
dispositivo permite realizar conexións sen
fíos entre dispositivos electrónicos nun
espazo de 10 metros. A conexión
Bluetooth pódese empregar para enviar
imaxes, vídeos, texto, tarxetas de visita,
notas da axenda ou para conectarse sen
fíos a dispositivos que utilicen a
tecnoloxía Bluetooth.
Dado que os dispositivos que empregan a
tecnoloxía Bluetooth utilizan ondas de
radio, o seu dispositivo e os outros
dispositivos non precisan estar
apuntando uns cara aos outros. Os dous
dispositivos só precisan estar a unha
distancia máxima de 10 metros, aínda que
a conexión pode estar suxeita a
interferencias de obstrucións como
paredes ou dispositivos electrónicos.
Pódense activar varias conexións
Bluetooth á vez. Por exemplo, se o seu
dispositivo está conectado a un auricular,
tamén pode transferir ficheiros a outros
dispositivos compatibles á vez.
O dispositivo é compatible coa
especificación Bluetooth 2,1 + EDR que
admite os seguintes perfís: Distribución
de son avanzada, Control remoto de son/
vídeo, Tratamento básico de imaxes,
Impresión básica, Identificación de
dispositivo, Rede de marcación,
Transferencia de ficheiros, Distribución
xeral de son/vídeo, Acceso xenérico,
Intercambio xenérico de obxectos, Mans
libres, Dispositivo de interface humana,
Auriculares, Envío de obxectos, Acceso a
axenda de teléfonos, Porto serie e Acceso
a SIM . Para asegurar a interoperabilidade
con outros dispositivos que dispoñan de
tecnoloxía Bluetooth, utilice accesorios
Nokia homologados para este modelo.
Póñase en contacto cos fabricantes dos
outros dispositivos para obter
información sobre a compatibilidade con
este dispositivo.
As funcións que utilizan a tecnoloxía
Bluetooth aumentan o consumo de
enerxía e reducen a duración da batería.