Vincular dispositivos
Seleccione >
Axustes
>
Conectivid.
>
Bluetooth
.
Abra a ficha de dispositivos vinculados.
Antes de vincular, pense o seu propio
código (1-16 díxitos) e acorde utilizar o
mesmo código co usuario do outro
dispositivo. Os dispositivos sen interface
de usuario teñen un código fixo. Só
precisa o código ao conectar os
dispositivos por primeira vez. Despois da
vinculación pódese autorizar a conexión.
A vinculación e autorización da conexión
fan que esta sexa máis rápida e sinxela, xa
que non terá que aceptar a conexión entre
dispositivos vinculados cada vez que
estableza a conexión.
O código dun acceso remoto SIM debe ter
16 díxitos.
No modo de SIM remota é posible utilizar
a tarxeta SIM do seu dispositivo con
accesorios compatibles.
Se o dispositivo sen fíos está en modo SIM
remoto, só poderá utilizar un accesorio
conectado compatible, como un kit de
automóbil, para efectuar ou recibir
chamadas.
O dispositivo sen fíos non efectuará
ningunha chamada, excepto aos números
de emerxencia programados no
dispositivo, cando se atope en modo SIM
remoto.
Para efectuar chamadas, primeiro deberá
abandonar o modo SIM remoto. Se se
bloqueou o dispositivo, primeiro insira o
código de bloqueo para desbloquealo.
1 Seleccione
Opcións
>
Novo disposit.
vinculado
. O dispositivo comeza a
buscar dispositivos Bluetooth ao
alcance. Se enviou datos usando
Bluetooth anteriormente, amosarase
unha lista cos resultados das buscas
anteriores. Para buscar máis
dispositivos Bluetooth, seleccione
Máis dispositivos
.
2 Seleccione o dispositivo co que
desexa establecer a vinculación e
insira o código. Cómpre introducir o
mesmo código tamén no outro
dispositivo.
3 Para establecer a conexión entre o seu
dispositivo e o outro dispositivo
automaticamente, seleccione
Si
. Para
confirmar a conexión manualmente
cada vez que se tente establecer unha
conexión, seleccione
Non
. Despois da
vinculación, o dispositivo
memorizarase na páxina de
dispositivos vinculados.
Para asignar un alcume ao dispositivo
vinculado, seleccione
Opcións
>
Asignar
nome curto
. O alcume visualízase no
dispositivo.
Para borrar unha vinculación, seleccione o
dispositivo do que quere borrar a
vinculación e
Opcións
>
Borrar
. Para
borrar todas as vinculacións, seleccione
Opcións
>
Borrar todos
. Se cancela a
vinculación cun dispositivo co que está
actualmente conectado, a vinculación
eliminarase inmediatamente e a conexión
rematará.
Para permitir que un dispositivo vinculado
se conecte automaticamente ao seu
dispositivo, seleccione
Fixar como
Conectividade 45
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
autorizado
. As conexións entre o seu
dispositivo e outros dispositivos pódense
facer sen o seu coñecemento. Non é
necesaria unha aceptación ou
autorización por separado. Use este
estado só para os seus propios
dispositivos, como o seu auricular ou
ordenador compatibles, ou para
dispositivos que pertenzan a persoas da
súa confianza. Se desexa aceptar peticións
de conexión do outro dispositivo
individualmente cada vez, seleccione
Fixar non autorizado
.
Para empregar un accesorio de son
Bluetooth como un mans libres ou un
auricular Bluetooth, terá que vincular o
seu dispositivo co accesorio. Para
información verbo do código e máis
instrucións, consulte a guía de usuario de
accesorios. Para conectar cun accesorio de
son, conecte o accesorio. Algúns
accesorios de son conéctanse
automaticamente ao seu dispositivo. Do
contrario, abra a ficha de dispositivos
vinculados, seleccione o accesorio e
Opcións
>
Conec. con dispos. audio
.