
Permanecer conectado cos seus
amigos en liña
Pode sincronizar a información do
contacto no seu dispositivo cos contactos
que ten en Facebook. Tamén pode crear
unha nova conta de Facebook
directamente desde o seu dispositivo.
Cando permita a sincronización, poderá
ver a información do perfil de Facebook do
seus contactos, como as súas imaxes e
actualizacións de estado na aplicación de
Contactos do seu dispositivo. Tamén se lle
informará de cantos contactos se
sincronizaron.
Despois da sincronización, a icona de
Contactos
aparece no perfil do seu
amigo. Ademais, tamén poderá chamar e
enviar mensaxes usando a aplicación
Facebook.
Sincronizar os seus contactos e recuperar
as actualizacións de estado son servizos
de rede. É posible que se apliquen tarifas
pola itinerancia e transferencia de datos.
Se o servizo de rede social non está
dispoñible ou non funciona
correctamente, é posible que non poida
sincronizar ou recuperar actualizacións de
estado.
Esta función pode non estar dispoñible en
certas rexións.