
Xestión de nomes e números
Seleccione >
Contactos
.
Eliminar un contacto
Desprácese ata un contacto e seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Borrar varios contactos
1 Para marcar un contacto para borralo,
diríxase ata o contacto e seleccione
Opcións
>
Marcar/Desmarcar
.
2 Para borrar os contactos marcados,
seleccione
Opcións
>
Borrar
.
Copiar un contacto
Desprácese ata un contacto e seleccione
Opcións
>
Copiar
e a localización
desexada.
Envío dun contacto a outro dispositivo
Seleccione o contacto e
Opcións
>
Ver
detalles
>
Opcións
>
Enviar tarxeta
visita
.
Escoita da marcación por voz asignada
a un contacto
Seleccione o contacto e
Opcións
>
Ver
detalles
>
Opcións
>
Detalles da
gravación
>
Opcións
>
Reproducir
gravación
.
Ao inserir contactos ou editar comandos
de voz, non utilice nomes moi curtos ou
similares para diferentes contactos ou
comandos.
A utilización de etiquetas de voz pode
resultar difícil en contornos con ruído ou
durante unha emerxencia, polo tanto, non
debe confiar unicamente no marcado por
voz en todas as circunstancias.