Nokia C5 00 - Centro de vídeo de Nokia

background image

Centro de vídeo de Nokia

Co Centro de vídeo Nokia (servizo de rede),

pode descargar e transmitir por

secuencias videoclips mediante unha

conexión polo aire desde servizos de

vídeo da Internet compatibles utilizando

unha conexión de paquetes de datos.

Pode transferir videoclips desde un

ordenador compatible ao teléfono e

visualizalos no Centro de vídeo.
A utilización de puntos de acceso aos

paquetes de datos para descargar vídeos

pode implicar a transmisión de grandes

cantidades de datos a través da rede do

seu fornecedor de servizos. Póñase en

contacto co seu fornecedor de servizos

para obter información acerca das tarifas

de transmisión de datos.
É posible que o teléfono dispoña de

servizos predefinidos.
É posible que os fornecedores de servizos

proporcionen contido de xeito gratuíto ou

que cobren unha tarifa. Consulte o prezo

no servizo ou ao fornecedor de servizos.