
Seguridade da batería
Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes
de extraer a batería. Para desconectar un cargador ou un
accesorio, suxeite e tire da caravilla, non do cable.
Cando non utilice o cargador, desconécteo da toma de
corrente e do dispositivo. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que o
exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,
as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Intente manter sempre a batería a unha temperatura
comprendida entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería
a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente.
É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un
obxecto metálico entra en contacto coas tiras metálicas da
batería, por exemplo, se transporta unha batería de reposto
no seu peto. Os curtocircuítos poden danar a batería ou o
obxecto que realiza o contacto.
Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar.
Respecte as normativas locais no momento de desfacerse das
baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as
deposite en lugares destinados aos residuos domésticos.
Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin
triture as pilas nin as baterías. Se unha batería presenta
fugas, evite que o líquido da batería entre en contacto coa
pel ou os ollos. Se isto sucede, lave inmediatamente as zonas
afectadas con auga ou acuda a un médico.
Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos
estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou
outros líquidos. As baterías poden explotar se están danadas.
Utilice a batería e o cargador unicamente para o uso para o
que foron deseñados. O uso non axeitado ou o uso de
cargadores ou baterías non homologados pode implicar un
risco de incendio, explosión, fuga ou outros perigos, e
podería invalidar a autorización de uso ou a garantía. Se cre
que a batería ou o cargador poden estar danados, envíeos a
un centro de servizo técnico para revisalos antes de continuar
utilizándoos. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas.
Utilice o cargador unicamente en lugares interiores.