Nokia C5 00 - Coidado do dispositivo 

background image

Coidado do dispositivo
Manexe o dispositivo, a batería, o cargador e os accesorios

con coidado. As seguintes suxestións axúdanlle a conservar a

cobertura da garantía.

Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a

humidade e todos os tipos de líquidos poden conter

minerais que produzan a corrosión dos circuítos

electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa

auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se

seque completamente antes de volver a colocala.

Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios

ou poeirentos, xa que poderían producirse danos nas

súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.

Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas. As

temperaturas elevadas poden reducir a vida útil do

dispositivo, danar a batería e deformar ou derreter os

plásticos.

Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o

dispositivo regrese á súa temperatura normal, é

posible que se forme humidade no interior do mesmo

e que se produzan danos nos circuítos electrónicos.

Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao

indicado nesta guía de usuario.

A utilización de modificacións non autorizadas pode

danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula

o uso de dispositivos de radio.

Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un

manexo brusco pode producir a rotura das placas dos

circuítos e dos mecanismos internos.

Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a

superficie do dispositivo.

Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas

móbiles e impedir o funcionamento axeitado.

Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando

para obter un rendemento óptimo.

Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos

magnéticos.

Para manter os seus datos importantes seguros,

almacéneos en polo menos dous lugares separados,

por exemplo, no seu dispositivo, na tarxeta de memoria

ou no ordenador, ou escriba a información importante.

Durante o funcionamento continuado, é posible que o

dispositivo aumente de temperatura. Na maioría de casos,

trátase de algo normal. Se sospeita que o dispositivo non

funciona correctamente, envíeo ó centro de servizo técnico

autorizado máis próximo.