Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está
deseñado para non superar os límites de exposición ás ondas
de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. O organismo científico independente ICNIRP
desenvolveu estas directrices, que inclúen marxes de
seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as
persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice
de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas
directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR
lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento
estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía
máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel
de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por
debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está
deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse
coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número
Información do produto e de seguridade 93
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de
ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 1,34
Watt/kg .
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición
de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR poden variar
dependendo das necesidades de información e probas
nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información
de SAR adicional, consulte a sección de información do
produto da páxina web www.nokia.com.
94 Información do produto e de seguridade
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto
RM-645 cumpre cos requirimentos básicos e con outras
condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na
páxina http://www.nokia.com/phones/
declaration_of_conformity/.
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People, Navi, OVI e o logotipo dos
accesorios orixinais de Nokia son marcas comerciais ou
marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation. Nokia
tune é unha melodía rexistrada de Nokia Corporation. O resto
de produtos e nomes de compañías mencionados neste
documento poden ser marcas comerciais ou nomes
comerciais dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de
todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está
prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e
melloras en calquera dos produtos descritos neste
documento sen previo aviso.
This software is based in part of the work of the FreeType
Team. This product is covered by one or more of the following
patents: United States Patent 5,155,805, United States Patent
5,325,479, United States Patent 5,159,668, United States
Patent 2232861 and France Patent 9005712.
Java and all Java-based marks are trademarks or registered
trademarks of Sun Microsystems, Inc.
Portions of the Nokia Maps software are ©1996-2011 The
FreeType Project. All rights reserved.
Este produto autorízase baixo a licenza MPEG-4 Visual Patent
Portfolio License que permite ao usuario (i) o uso persoal e
non comercial en conexión con información que se codificou
cumprindo co estándar visual MPEG-4 por un usuario nunha
actividade persoal e non comercial e (ii) o uso en conexión
con vídeo MPEG-4 proporcionado por un fornecedor de vídeo
con licenza. Non se concede ningunha licenza nin se implica
para calquera outro uso. É posible obter información
adicional, incluíndo a relacionada cos usos promocionais,
internos e comerciais de MPEG LA, LLC. Visite a páxina http://
www.mpegla.com.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE,
NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA
PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO,
INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO
QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN
TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN
LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE
E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á
EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O
DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A enxeñería inversa do software do dispositivo está prohibida
na medida permitida pola lexislación aplicable. Na medida en
que esta guía de usuario contén limitacións nas
representacións, garantías, danos e responsabilidade de
Nokia, é moi probable que as limitacións mencionadas
limiten as representacións, as garantías e os danos e
responsabilidades dos outorgantes de licenza de Nokia.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos
concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase
en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles
e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode
conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á
lexislación de exportación e ás normativas dos Estados
Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración
contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
AVISO DA FCC
É posible que o dispositivo provoque interferencias nos
televisores ou aparatos de radio (por exemplo, se utiliza un
teléfono preto dun equipo receptor). É posible que a FCC lle
esixa que deixe de utilizar o teléfono no caso de que non se
poidan eliminar as mencionadas interferencias. Se necesita
asistencia técnica, póñase en contacto co centro de servizo
técnico local. Este dispositivo cumpre coa sección 15 do
regulamento da FCC. O seu funcionamento está suxeito ás
dúas condicións seguintes: (1) Este dispositivo non debe
provocar interferencias perigosas e (2) este dispositivo debe
aceptar as interferencias recibidas, incluídas as que
95
provoquen un funcionamento non desexado. Calquera
cambio ou modificación que non se aprobe de xeito expreso
por Nokia podería anular a autorización do usuario para
utilizar este equipo.
Algunhas operacións e funcións dependen da tarxeta SIM
e/ou da rede, das MMS ou da compatibilidade dos dispositivos
e dos formatos de contido admitidos. Algúns servizos están
suxeitos a tarifas independentes.
É posible que o dispositivo dispoña de favoritos e ligazóns de
sitios web de terceiras partes preinstalados. Tamén é posible
acceder a outros sitios web de terceiras partes mediante o
dispositivo. Os sitios web de terceiras partes non teñen
ningún tipo de relación con Nokia, polo que Nokia non
asumirá ningunha responsabilidade correspondente a eles.
Se decide acceder aos sitios mencionados, deberá tomar
precaucións relacionadas coa seguridade ou cos contidos.
/Edición 3.0 GL
96