
Protexa o seu dispositivo de contidos daniños
É posible que o dispositivo estea exposto a virus e demais
contido daniño. Tome as seguintes precaucións:
•
Teña precaución ao abrir as mensaxes, xa que é posible
que conteñan software nocivo ou daniño para o
dispositivo ou o ordenador.
92 Información do produto e de seguridade
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

•
Teña precaución ao aceptar solicitudes de
conectividade, ao navegar pola Internet ou ao
descargar contido. Non acepte conexións Bluetooth de
fontes non fiables.
•
Utilice e instale unicamente servizos e software de
fontes fiables e que ofrezan seguridade e protección
axeitada.
•
Instale programas antivirus e demais software de
seguridade no dispositivo e nos ordenadores
conectados. Utilice unicamente unha aplicación
antivirus ao mesmo tempo. A utilización de máis
aplicacións pode afectar ao rendemento e
funcionamento do dispositivo e/ou ordenador.
•
Se accede a ligazóns e favoritos preinstalados para
sitios da Internet de terceiros, tome as precaucións
correspondentes. Nokia non acepta nin asume ningún
tipo de responsabilidade con relación a estes sitios.