Realización de chamadas de emerxencia
1
Asegúrese de que o dispositivo estea acendido.
2
Comprobe que a intensidade do sinal é a axeitada. É
posible que tamén necesite levar a cabo o seguinte:
•
Insira unha tarxeta SIM.
•
Desactive as restricións de chamadas que activou
para o dispositivo, como a restrición de
chamadas, a marcación fixa ou os grupos de
usuarios pechados.
•
Asegúrese de que o perfil Fóra de liña ou Voo non
se atope activado.
3
Prema a tecla Fin varias veces ata que se amose a
pantalla Inicio.
4
Insira o número de emerxencia oficial da localidade na
que se atope. Os números de chamadas emerxencia
poden variar en función da súa localización.
5
Prema a tecla Chamar.
6
Forneza a información necesaria coa maior precisión
posible. Non finalice a chamada ata que reciba permiso
para facelo.
Importante: Active as chamadas de móbil e da
Internet, se o dispositivo admite as chamadas da Internet. O
dispositivo pode intentar efectuar as chamadas de
emerxencia a través das redes móbiles e do fornecedor de
servizos de chamadas da Internet. Non se pode garantir que
a conexión funcione en todas as condicións. Nunca dependa
unicamente dun dispositivo sen fíos para efectuar
comunicacións importantes, como urxencias médicas.