Nokia C5 00 - Cargar a batería

background image

Cargar a batería

A batería fornécese parcialmente cargada

de fábrica, pero é posible que teña que

recargala para poder acender o seu

dispositivo por primeira vez.
Se o dispositivo indica que o nivel de carga

da batería é baixo, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma da

parede.

2 Conecte o cargador ao dispositivo.

3 Cando a batería se atope

completamente cargada, desconecte

o cargador do dispositivo e, a

continuación, da toma da parede.

Non é preciso cargar a batería durante un

período de tempo específico e é posible

utilizar o dispositivo mentres se está a

cargar. Se a batería está completamente

descargada, é posible que teña que

esperar varios minutos para poder

efectuar chamadas e para poder visualizar

o indicador de carga na pantalla.
Consello: Se ten algún cargador Nokia

vello compatible pode empregalo co seu

dispositivo mediante o adaptador CA-44

para cargadores. O adaptador véndese por

separado.
Carga por USB

Pode utilizar a carga mediante USB se non

dispón dunha toma de corrente. Cargar o

dispositivo co cable de datos USB leva

máis tempo. A eficacia da carga mediante

USB varía significativamente. Nalgúns

casos, tanto a carga da batería coma o

funcionamento do dispositivo poden

tardar moito tempo en comezar.
Coa carga por USB, tamén é posible

transferir datos mediante o cable de datos

USB mentres carga o dispositivo.
1 Conecte un dispositivo USB

compatible ao seu dispositivo

mediante un cable de datos USB

compatible.

En función do tipo de dispositivo que

se empregue para efectuar a carga, é

posible que a carga tarde uns intres

en iniciarse.

Introdución

9

© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

2 Ao acender o dispositivo, seleccione

unha das opcións dispoñibles do

modo USB na pantalla do dispositivo.