
Control do volume
Para axustar o volume do auricular ou do
altofalante durante unha chamada ou
mentres está a escoitar un ficheiro de son,
utilice as teclas de volume.
Para activar ou desactivar o altofalante
durante unha chamada, seleccione
Altofalante
ou
Teléfono
.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume
moderado e non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado.