
Inserción da tarxeta SIM e a batería
Importante: Non empregue unha
tarxeta SIM mini-UICC, tamén coñecida
como tarxeta micro-SIM, unha tarxeta
Introdución
7
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

micro-SIM cun adaptador ou unha tarxeta
SIM que dispoña dun interruptor mini-
UICC (consulte a ilustración) neste
dispositivo. Unha tarxeta micro-SIM é
máis pequena que a tarxeta SIM estándar.
Este dispositivo non admite o uso de
tarxetas micro-SIM e o uso de tarxetas SIM
incompatibles pode danar a tarxeta ou o
dispositivo e pode corromper os datos
almacenados na tarxeta.
1 Para extraer a tapa traseira do
dispositivo, prema o botón de
liberación (1) cara ao fondo do
dispositivo e levante a tapa ata
extraela (2).
2 Retire a batería e deslice a tarxeta SIM
no soporte correspondente.
Asegúrese de que a zona de contactos
se atope orientada cara abaixo.
3 Insira a batería.
4 Para volver poñer a tapa no seu sitio,
aliñe con coidado a empuñadura
superior (1) e aliñe a tapa posterior no
seu sitio, a continuación, prema a
tapa cara abaixo ata que encaixe no
seu lugar (2).