
Instalación de Ovi Suite
Coa aplicación Nokia Ovi Suite para PC,
pode acceder facilmente aos ficheiros do
seu Nokia C5-00, os seus demais
dispositivos Nokia e de Ovi, todo dende
unha soa vista. Pode transferir e
sincronizar mensaxes, contactos, imaxes,
música, etc. entre o seu ordenador e o
dispositivo. Tamén pode rexistrarse
nunha conta Nokia, compartir as súas
imaxes en Ovi, actualizar o software do
seu dispositivo, descargar mapas e
manter o seu contido seguro e accesible.
Para obter máis información, consulte a
sección de axuda na páxina
www.ovi.com.
Para obter información sobre como
instalar Ovi Suite, consulte o folleto
incluído de Ovi Suite.
Se non desexa instalar Ovi Suite, pode
eliminar os ficheiros de instalación da
tarxeta de memoria para aumentar a
memoria dispoñible na tarxeta.