
Reprodución de cancións
Seleccione >
Aplicacións
>
Rep.
música
.
Para engadir todas as cancións
dispoñibles á biblioteca de música,
seleccione
Opcións
>
Actualizar
biblioteca
.
Para reproducir unha canción, seleccione
a categoría desexada e a canción.
Para inserir unha pausa na reprodución,
prema a tecla de desprazamento; para
continuar, prema a tecla de
desprazamento de novo. Para deter a
reprodución, desprácese cara abaixo.
Para realizar o avance rápido ou
rebobinado, manteña premida a tecla de
desprazamento cara á dereita ou á
esquerda.
Para ir ao seguinte elemento, desprácese
á dereita. Para volver ao principio do
elemento, desprácese á esquerda. Para
saltar ao elemento anterior, desprácese á
esquerda 2 segundos despois do inicio
dunha canción ou podcast.
Para modificar o ton da reprodución de
música, seleccione
Opcións
>
Ecualizador
.
Para modificar o balance e a imaxe
estéreo ou para mellorar os graves,
seleccione
Opcións
>
Axustes
.
Música e son 65
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Para volver ao modo de espera activo e
deixar o reprodutor funcionando en
segundo plano, prema a tecla de fin
brevemente.
Aviso:
A exposición continua a niveis elevados de
volume pode danar a súa capacidade
auditiva. Escoite música a un volume
moderado e non suxeite o dispositivo
preto do seu oído co altofalante activado.