Say and Play
Mediante Say and Play, pode comezar a
reproducir a música que desexa
pronunciando, por exemplo, o nome do
artista.
Para iniciar a aplicación Say and Play,
seleccione >
Aplicacións
>
Busca
músic.
. Cando soe o ton, pronuncie o
nome do artista, o título do álbum, o título
da lista de reprodución ou o nome do
artista e o título da canción. Manteña o
dispositivo a aproximadamente 20 cm (8
polgadas) da súa boca e fale empregando
un ton normal. Non cubra o micrófono do
dispositivo coa man.
Cando empregue Say and Play por
primeira vez e despois de descargar
cancións novas no dispositivo, para
actualizar os comandos de voz, seleccione
Opcións
>
Actualizar biblioteca
.
Os comandos de voz baséanse nos
metadatos (nome do artista e título da
canción) das cancións do dispositivo. Say
and Play admite dous idiomas: o inglés e
o idioma seleccionado como idioma do
dispositivo. O idioma escrito dos
metadatos das cancións debe ser o inglés
ou coincidir co idioma seleccionado como
idioma do dispositivo.
Consello: Para mellorar a precisión da
busca, empregue os comandos de voz
para a marcación. O marcador adáptase á
súa voz e emprégaa tamén para a busca
de música.