Configurar o correo electrónico
Co asistente de correo de Nokia pode
configurar a súa conta de correo
corporativa (por exemplo, Microsoft
Outlook, Mail for Exchange ou Intellisync)
e a súa conta de correo de Internet.
Cando configure o seu correo corporativo,
é posible que lle pidan o nome do servidor
asociado co seu enderezo de correo
electrónico. Consulte os detalles co
departamento de informática da súa
empresa.
1 Na pantalla de inicio, seleccione o
asistente de correo electrónico.
2 Introduza o seu enderezo de correo
electrónico e o contrasinal. Se o
asistente non pode configurar
automaticamente os axustes de
correo, terá que seleccionar o tipo de
conta e introducir os axustes de conta
relacionados.
Se o seu dispositivo contén clientes de
correo adicionais, aparecerán cando inicie
o asistente de correo.