
Escribir e enviar mensaxes
Seleccione >
Mensaxería
.
Importante: Teña precaución ao
abrir as mensaxes, xa que é posible que
conteñan software nocivo ou daniño para
o dispositivo ou o ordenador.
Antes de crear unha mensaxe multimedia
ou de escribir un correo electrónico debe
ter os axustes de conexión correctos.
É posible que a rede sen fíos limite o
tamaño das mensaxes MMS. Se a imaxe
inserida excede este límite, o dispositivo
pode reducila para que se poida enviar por
MMS.
Consulte o límite de tamaño das mensaxes
de correo electrónico co seu fornecedor de
servizos. Se tenta enviar unha mensaxe de
correo electrónico que supere o límite de
tamaño do servidor de correo electrónico,
a mensaxe quedará no cartafol Caixa de
saída e o dispositivo intentará enviala
periodicamente. Para enviar un correo
electrónico cómpre dispoñer dunha
conexión de datos e os intentos repetidos
36 Mensaxería
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

de reenviar correos electrónicos poden
aumentar os seus custos de transferencia
de datos. No cartafol Caixa de saída, pode
borrar dita mensaxe ou movela ao cartafol
Borradores.
1 Seleccione
Nova mensaxe
.
2 Para enviar unha mensaxe de texto ou
multimedia (MMS), seleccione
Mensaxe
. Para enviar unha mensaxe
multimedia que inclúa un clip de son,
seleccione
Mensaxe audio
. Para
enviar un correo electrónico,
seleccione
Correo
.
3 No campo Para, prema a tecla de
desprazamento para seleccionar
destinatarios ou grupos da lista de
contactos, ou insira o número de
teléfono ou o enderezo de correo
electrónico do destinatario. Para
inserir un punto e coma (;) para
separar os destinatarios, prema *.
Tamén se pode copiar e pegar o
número ou enderezo dende o
portapapeis.
4 No campo de asunto, insira o asunto
da mensaxe multimedia ou de correo
electrónico. Para agochar ou amosar
campos ao escribir unha mensaxe de
texto ou multimedia, seleccione
Opcións
>
Campos de enderezo
.
5 No campo da mensaxe, escriba a
mensaxe. Para engadir un modelo ou
nota a unha mensaxe de texto ou
multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir texto
>
Modelo
ou
Nota
. Para engadir un
modelo a unha mensaxe de correo
electrónico, seleccione
Opcións
>
Inserir modelo
.
6 Para engadir un ficheiro multimedia a
unha mensaxe multimedia,
seleccione
Opcións
>
Inserir
contidos
, o tipo de ficheiro ou a orixe
e o ficheiro desexado. Para engadir
unha tarxeta de visita, páxina, nota ou
outro ficheiro á mensaxe, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir outros
.
7 Para facer unha foto ou gravar un
vídeo ou un clip de son para unha
mensaxe multimedia, seleccione
Opcións
>
Inserir contidos
>
Inserir imaxe
>
Nova
,
Inserir
videoclip
>
Novo
ou
Inserir clip de
son
>
Novo
.
8 Para engadir un anexo a un correo
electrónico, seleccione
Opcións
>
Engadir anexo
, a memoria e o
ficheiro para anexar. indica un
anexo de correo electrónico.
9 Para enviar a mensaxe, seleccione
Opcións
>
Enviar
ou prema a tecla
Chamar.
As opcións dispoñibles poden variar.
Nota: O texto ou a icona de
mensaxe enviada que aparece na pantalla
do dispositivo non indican se se recibiu a
mensaxe no destino desexado.
O dispositivo admite mensaxes de texto
de lonxitude superior ao límite para as
mensaxes simples. As mensaxes que
superan ese límite envíanse coma dúas ou
máis mensaxes. O seu fornecedor de
servizos aplicará unha tarifa
correspondente ao número de mensaxes
enviadas. Os caracteres con acentos e
outros signos de puntuación, ou algúns
Mensaxería 37
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

idiomas ocupan máis espazo e limitan o
número de caracteres que é posible enviar
nunha mensaxe.
É posible que non poida enviar videoclips
gardados no formato de ficheiro MP4 nin
se exceden o límite de tamaño da rede sen
fíos nunha mensaxe multimedia.