Pantalla de inicio
Unha vez acendido o dispositivo e
rexistrado nunha rede, o dispositivo
atópase na pantalla de inicio e está listo
para ser usado.
Para abrir unha lista dos números máis
marcados recentemente, prema a tecla de
chamada.
Para chamar á caixa de correo de voz,
manteña premida a tecla 1.
Para utilizar comandos de voz ou
marcación por voz, manteña premida a
tecla de selección dereita.
Para cambiar o perfil, prema brevemente
a tecla de acendido e seleccione un perfil.
Para abrir unha conexión á web, manteña
premida a tecla 0.
Para modificar a pantalla de inicio,
seleccione >
Axustes
e
Xeral
>
Personalización
>
Modo en espera
e
escolla entre as seguintes opcións:
Tema en espera — Permite seleccionar
un tema para a pantalla de inicio.
Accesos directos — Permite engadir
accesos directos a aplicacións ou eventos,
ou asignar accesos directos á tecla de
desprazamento, segundo o tema
seleccionado para a pantalla de inicio.