Guía de ruta
Seleccione >
Aplicacións
>
Datos
GPS
e
Navegación
.
Inicie a guía de ruta nun lugar ao aire libre.
Se a inicia nun lugar interior, pode que o
receptor GPS non reciba a información
necesaria dos satélites.
A guía de ruta utiliza un compás xiratorio
na pantalla do teléfono. Un punto
vermello amosa a dirección cara ao
destino, e a distancia aproximada
amósase dentro do anel do compás.
A guía de ruta serve para amosar a ruta
máis directa e a distancia máis curta ao
seu destino, medidas en liña recta. Os
obstáculos que se atopan na ruta, como
edificios e obstáculos naturais non se
teñen en conta. As diferenzas de altitude
non se teñen en conta cando se calcula a
distancia. A guía de ruta está activa só
cando vostede se move.
Para axustar o destino da súa viaxe,
seleccione
Opcións
>
Fixar destino
e un
marcador como o destino, ou insira as
coordenadas de latitude e lonxitude.
Para borrar o destino fixado para a súa
viaxe, seleccione
Deter navegación
.