GPS asistido (A-GPS)
O seu dispositivo tamén admite o GPS
asistido (A-GPS).
A-GPS require cobertura de rede.
A-GPS (o GPS asistido) utilízase para obter
datos de asistencia técnica mediante
unha conexión de paquetes de datos, que
axuda a calcular as coordenadas da súa
localización actual cando o dispositivo
recibe sinais dos satélites.
Cando se activa o A-GPS, o dispositivo
recibe información útil por satélite dende
un servidor de datos de asistencia a través
da rede móbil. Coa axuda dos datos de
asistencia, o seu dispositivo pode obter a
localización do GPS de xeito más rápido.
O dispositivo está configurado
previamente para utilizar o servizo A-GPS
de Nokia, se non se atopan dispoñibles
ningúns axustes A-GPS dun fornecedor de
servizos específico. Os datos de asistencia
recupéranse dende o servidor do servizo
A-GPS de Nokia só cando é necesario.
Para desactivar o servizo A-GPS, seleccione
>
Aplicacións
>
Datos GPS
e
Opcións
>
Axustes posicionamento
>
Métodos posicionamento
>
GPS
asistido
>
Opcións
>
Desactivar
.
54 Posicionamento
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Cómpre ter un punto de acceso á Internet
definido no dispositivo para recuperar os
datos de asistencia do servizo A-GPS de
Nokia a través dunha conexión de
paquetes de datos. O punto de acceso para
A-GPS pódese definir nos axustes de
posicionamento. Só se pode utilizar un
punto de acceso á Internet de paquetes de
datos. O dispositivo solicita que
seleccione o punto de acceso á Internet
cando o GPS se utiliza por primeira vez.