
Acerca dos métodos de
posicionamento
Mapas amosa a súa localización no mapa
mediante o sistema de posicionamento
baseado en GPS, A-GPS ou ID de cela.
O GPS (Sistema de Posicionamento Global)
é un sistema de navegación baseado en
satélite empregado para calcular a súa
posición. O GPS asistido (A-GPS) é un
servizo de rede que lle envía os datos do
GPS, mellorando a velocidade e precisión
do posicionamento.
Mediante o posicionamento baseado en
ID de cela, a posición determínase
mediante a antena de telecomunicacións
á que se atopa conectado o seu dispositivo
móbil nestes intres.
En función do método de posicionamento
dispoñible, é posible que a precisión do
Posicionamento 55
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

posicionamento varíe entre uns metros e
varios quilómetros.
Cando utilice Mapas por primeira vez,
solicitaráselle que defina o punto de
acceso á Internet que desexa usar para
descargar a información do mapa ou que
empregue A-GPS.
O sistema de posicionamento global (GPS)
está operado polo goberno dos Estados
Unidos, que é o único responsable da
precisión e mantemento do sistema. A
precisión dos datos de localización pode
verse afectada polos axustes nos satélites
GPS efectuados polo goberno dos Estados
Unidos e está suxeita a modificacións
procedentes da política de GPS civil do
Ministerio de defensa dos Estados Unidos
e do Plan de radionavegación federal
(Federal Radionavigation Plan). A
precisión tamén pode verse afectada pola
xeometría de baixo nivel do satélite. A
dispoñibilidade e calidade dos sinais GPS
poden verse afectadas pola súa
localización, os edificios e os obstáculos
naturais ademais de polas condicións
meteorolóxicas. É posible que os sinais
GPS non estean dispoñibles no interior dos
edificios ou en pasos subterráneos e que
a súa transmisión non sexa posible a
través de materiais como formigón e
metal.
O sistema GPS non se debe utilizar para a
medición dunha localización precisa e
vostede non debe depender só dos datos
de localización procedentes do receptor
GPS nin das redes de radio móbil para
determinar posicións nin para a
navegación.
A precisión do hodómetro é limitada, polo
que é posible que se produzan erros de
redondeo. A precisión tamén se pode ver
afectada pola dispoñibilidade e calidade
dos sinais GPS.