Compartir a posición
Publique a súa posición actual en
Facebook e engádalle texto e unha imaxe.
Os seus amigos de Facebook poderán ver
a súa posición nun mapa.
Seleccione >
Mapas
e
Comp. posic.
.
Para compartir a posición, cómpre ter
unha conta en Nokia e outra en Facebook.
1 Inicie sesión na súa conta Nokia. Se
aínda non dispón dunha, seleccione
Crear nova conta
.
2 Inicie sesión na súa conta de
Facebook.
3 Seleccione a súa posición actual.
4 Introduza o seu estado.
5 Para anexar unha imaxe á súa
mensaxe, seleccione
Engadir unha
foto
.
6 Seleccione
Compartir posición
.
Xestionar a súa conta de Facebook
Na vista principal, seleccione
Opcións
>
Conta
>
Axustes para compartir
lugares
>
.
Para poder compartir a súa posición e ver
a posición dos outros usuarios cómpre
estar conectado a internet. Isto pode
implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos e a aplicación de
tarifas de tráfico de datos relacionadas.
O uso compartido da posición en
Facebook está rexido polos termos de uso
de Facebook. Revise os termos de uso e a
política de privacidade de Facebook.
Antes de compartir a súa posición con
outros usuarios, teña en conta sempre con
quen a está a compartila. Comprobe os
axustes de privacidade do servizo de rede
social que está a utilizar, xa que é posible
que comparta a súa posición cun grupo
grande de persoas.