Obteña información sobre o tráfico e a
seguridade
Mellore a súa condución con información
en tempo real sobre os eventos do tráfico,
servizos de asistencia na estrada e
advertencias de límites de velocidade, se
están dispoñibles no seu país ou rexión.
Seleccione >
Mapas
e
Conducir
.
Ver eventos de tráfico no mapa
Durante a navegación para coche,
seleccione
Opcións
>
Info tráfico
. Os
eventos móstranse como triángulos e
liñas.
Actualizar a información de tráfico
Seleccione
Opcións
>
Info tráfico
>
Actualizar info. tráfico
.
Cando estea a planificar unha ruta, pode
axustar o dispositivo para que evite
eventos de tráfico, como os atascos ou as
obras nas estradas.
Evitar os eventos do tráfico
Na vista principal, seleccione
Opcións
>
Axustes
>
Navegación
>
Desviar polo
tráfico
.
Aviso:
A situación de radares e cámaras de
seguridade pode amosarse na súa ruta
durante a navegación se esta función está
activada. Algunhas xurisdicións non
permiten ou regulan o uso de datos de
localización de radares e cámaras de
seguridade. Nokia non é responsable da
precisión nin das consecuencias do uso de
datos de localización de radares e
cámaras de seguridade.