
Reciclado
Cando o dispositivo alcance o final da súa
vida útil, é posible recuperar todos os
materiais cos que está fabricado en forma
doutros materiais ou de enerxía. Para
garantir a correcta eliminación e
reutilización, Nokia coopera cos seus
socios a través dun programa
denominado We:recycle. Para obter máis
información verbo de como reciclar os
seus produtos Nokia usados e onde atopar
puntos de recollida, consulte a páxina
www.nokia.com/werecycle, ou utilizando
un dispositivo móbil, a páxina
nokia.mobi/werecycle, ou chame ao
centro de contacto de Nokia.
Para reciclar os paquetes e guías de
usuario, siga o procedemento habitual na
súa zona.
O símbolo do contedor con rodas riscado
cun "x" no produto, na batería, nas
instrucións ou na embalaxe lémbralle que
todos os produtos eléctricos e
electrónicos, as baterías e os
acumuladores débense refugar por
separado ao final da súa vida útil. Este
requisito aplícase na Unión Europea. Non
se desfaga deste produto do mesmo xeito
que dos residuos domésticos normais.
Para obter máis información verbo dos
atributos medio ambientais do seu
dispositivo, consulte www.nokia.com/
ecodeclaration.