Nokia C5 00 - Verbo do dispositivo

background image

Verbo do dispositivo

A utilización do dispositivo sen fíos

descrito nesta guía está aprobada en

redes (E)GSM 850, 900, 1800 e 1900 MHz e

redes UMTS 900 e 2100 MHz HSDPA e

HSUPA . Póñase en contacto co seu

fornecedor de servizos para obter máis

información acerca das redes.
O seu dispositivo admite varios métodos

de conectividade e, ao igual que os

ordenadores, é posible que estea exposto

a virus e demais contido daniño. Teña

precaución coas mensaxes, solicitudes de

conexión, buscas e descargas.

Unicamente instale e utilice servizos e

software obtidos de fontes fiables que

ofrezan seguridade e protección axeitada,

como aplicacións que pasasen o proceso

de certificación Symbian Signed ou Java

Verified™. Considere a posibilidade de

instalar programas antivirus e demais

software de seguridade no dispositivo e

nos ordenadores conectados.
É posible que o seu dispositivo dispoña de

favoritos ou ligazóns preinstalados para

sitios da Internet de terceiros e que

permitan o acceso a sitios de terceiros.

Estes sitios non teñen ningún tipo de

relación con Nokia, polo que Nokia non

asumirá ningunha responsabilidade

correspondente a eles. Se accede aos

sitios mencionados, tome as precaucións

necesarias relacionadas coa seguridade

ou cos contidos.

Seguridade

5

© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

background image

Aviso:

Para utilizar as funcións deste dispositivo,

a excepción do espertador, é necesario

que se atope acendido. Non acenda o

dispositivo en lugares nos que poida

provocar interferencias ou poida supoñer

un perigo.

Cando utilice este dispositivo, respecte a

lexislación e os costumes locais, a

intimidade e os dereitos lexítimos das

demais persoas, incluídos os dereitos de

autor. É posible que as leis de protección

dos dereitos de autor non autoricen a

copia, modificación ou transferencia

dalgunhas imaxes, música e demais

contido.
Efectúe copias de seguridade ou manteña

rexistros escritos da información

importante almacenada no dispositivo.
Antes de efectuar a conexión a calquera

outro dispositivo, lea a guía de usuario

para obter instrucións detalladas de

seguridade. Non conecte produtos non

compatibles.
As imaxes amosadas nesta guía poden ser

diferentes das que aparecen na pantalla

do seu dispositivo.
Consulte a guía de usuario para obter

outra información importante acerca do

dispositivo.