Axustes de chamada
Seleccione >
Axustes
e
Teléfono
>
Chamadas
.
Seleccione entre as seguintes opcións:
Envío do número propio — Amosar o
seu número de teléfono á persoa á que
está chamando.
Chamada en espera — Axusta o
dispositivo para que o informe das
chamadas entrantes no transcurso doutra
chamada (servizo de rede).
Rexeitar chamada mens. — Rexeitar
unha chamada e enviar unha mensaxe de
texto ao interlocutor.
Texto da mensaxe — Escriba a mensaxe
de texto estándar que se enviará cando
rexeite unha chamada.
30 Teléfono
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Vídeo propio á cham. ent. — Permitir
ou impedir o envío de vídeo no trasncurso
dunha videochamada desde o seu
dispositivo.
Imaxe en videochamada — Amosar
unha imaxe fixa se non se envía vídeo
durante unha videochamada.
Rechamada automática — Configurar o
seu dispositivo para realizar un máximo
de 10 intentos de conectar a chamada
despois dun intento de chamada sen
éxito. Para deter a rechamada
automática, prema a tecla fin.
Amosar duración cham. — Amosar a
duración da chamada no seu transcurso.
Resumo tras chamada — Amosar a
duración da chamada ao final da mesme.
Marcación rápida — Activar a marcación
rápida.
Calquera tecla responde — Activar a
resposta con calquera tecla.
Liña en uso — Este axuste (servizo de
rede) só se amosa se a tarxeta SIM admite
dous números de subscritor, é dicir, dúas
liñas de teléfono. Seleccione que liña de
teléfono desexa utilizar para facer
chamadas enviar mensaxes de texto. As
chamadas de ámbalas dúas liñas poden
responderse sen ter en conta a liña
seleccionada. Se selecciona
Liña 2
e non
se subscribiu a este servizo de rede, non
poderá realizar chamadas. Cando se
selecciona a liña 2, amósase na pantalla
de inicio.
Cambio de liña — Impedir a selección de
liñas (servizo de rede), se a tarxeta SIM
admite esa opción. Para cambiar este
axuste, necesita o código PIN2.