
Requisitos para compartir vídeo
A opción de compartir vídeo require a
conexión 3G en ambas partes. Para obter
máis información sobre o servizo, a
dispoñibilidade da rede 3G e as tarifas
asociadas co uso deste servizo, póñase en
contacto co fornecedor do servizo.
O uso compartido de vídeos esixe unha
serie de condicións:
•
Os axustes entre o remitente e o
destinatario deben estar definidos
correctamente. Ademais, cómpre
aceptar a invitación para compartir o
vídeo ou manter unha chamada activa
entre as dúas persoas.
•
Dispor dunha conexión 3G activa e
manterse dentro da zona de
cobertura de rede 3G. Se sae da zona
de cobertura da rede 3G mentres
comparte o vídeo, o uso compartido
finalizará. Non obstante, a chamada
de voz continuará.
•
Tanto o remitente como o
destinatario se atopan rexistrados na
rede 3G. Se convida a alguén a unha
sesión para compartir contidos e o
dispositivo do destinatario non se
atopa dentro da zona de cobertura de
rede 3G, non dispón da función para
compartir vídeo instalada ou non
configurou as conexións persoa con
persoa, o destinatario non recibirá as
Teléfono 25
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

invitacións. Nese caso, recibirá unha
mensaxe de erro que lle indicará que
o destinatario non pode aceptar a
invitación.