Códigos de acceso
Seleccione >
Axustes
.
Para definir como desexa que o seu
teléfono empregue os códigos de acceso
e os axustes de seguridade, seleccione
Xeral
>
Seguridade
>
Teléfono e
tarxeta SIM
e entre as seguintes opcións:
•
O código PIN (UPIN) fornecido coa
tarxeta SIM (USIM), axuda a protexer
contra o uso non autorizado da
tarxeta.
•
O código PIN2 (UPIN2) fornecido con
algunhas tarxetas SIM (USIM),
requírese para acceder a
determinados servizos.
•
Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2)
poden ser fornecidos coa tarxeta SIM
(USIM). Si insire o código PIN de xeito
incorrecto tres veces seguidas,
solicitaráselle que insira o código PUK.
Se non se fornecen os códigos, póñase
en contacto co seu fornecedor de
servizos.
•
O código de seguridade axúdalle a
protexer o teléfono contra o uso non
autorizado. Pode crear e cambiar o
código e axustar o teléfono para
solicitar o código. Garde o código nun
lugar secreto e seguro lonxe do
teléfono. Se esquece o código e o
teléfono se bloquea, será necesario
acudir ao servizo técnico. É posible
que se apliquen tarifas adicionais e
que se eliminen todos os datos
persoais do dispositivo. Para obter
máis información, póñase en contacto
cun centro de Nokia Care ou co
distribuidor do dispositivo.
•
O contrasinal de restrición requírese
cando se emprega o servizo de
restrición de chamadas para restrinxir
as chamadas recibidas ou efectuadas
dende o teléfono (servizo de rede).
Uso básico 19
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.