Entrada de texto tradicional
indica a entrada de texto
tradicional.
e
indican se están
seleccionadas as maiúsculas ou as
minúsculas.
indica que a primeira
letra da oración se escribe con maiúscula
e o resto se escribe automaticamente en
minúscula.
indica o modo numérico.
Para escribir texto co teclado, prema
repetidamente unha das teclas numéricas
(2-9) ata que apareza o carácter desexado.
Existen máis caracteres dispoñibles para
unha tecla numérica que as que aparecen
impresas na tecla. Se a seguinte letra está
situada na mesma tecla que a actual,
agarde ata que apareza o cursor e despois
introduza a letra.
Para introducir un número, manteña
premida a tecla numérica.
Para alternar entre os diferentes modos
de carácter e entre maiúsculas e
minúsculas, prema #.
Para borrar un carácter, prema a tecla
borrar. Manteña premida a tecla borrar
para eliminar máis dun carácter.
Para inserir os signos de puntuación máis
comúns, prema 1 repetidamente ata que
apareza o signo de puntuación desexado.
Para engadir caracteres especiais,
manteña premido *.
Para inserir unha emoticona, prema * e
seleccione
Máis emoticonas
e unha
emoticona.
Para inserir un espazo, prema 0. Para
inserir unha quebra de liña, prema 0 tres
veces.