Indicadores da pantalla
O dispositivo estase a utilizar nunha
rede 3G ou rede GSM (servizo de
rede). A barra a carón da icona
indica a forza do sinal da rede no
lugar no que se atopa. Canto máis
16 Uso básico
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
alta sexa a barra, máis potente será
o sinal.
O acceso de alta velocidade de
paquetes en enlace descendente
(HSDPA) / acceso de alta velocidade
de paquetes en enlace ascendente
(HSUPA) (servizo de rede) da rede 3G
está activado.
Activou o perfil Desconectado e o
dispositivo non está conectado a
unha rede móbil.
O nivel de carga da batería. Canto
máis alta sexa a barra, de máis
carga disporá a batería.
Ten mensaxes sen ler na carpeta da
Caixa de entrada en Mensaxería. Se
o indicador está a pestanexar, a súa
Caixa de entrada está chea e ten que
eliminar mensaxes antigas da Caixa
de entrada antes de que poida
recibir mensaxes novas.
Recibiu un novo correo na caixa de
correo remota.
Hai mensaxes en espera de ser
enviadas na carpeta Caixa de saída
en Mensaxería.
Ten chamadas perdidas.
O teclado do dispositivo está
bloqueado.
Hai unha alarma activa.
Activou o perfil Silencio e o
dispositivo non soa cando hai
chamadas entrantes ou mensaxes.
A conectividade Bluetooth está
activada.
Hai unha conexión Bluetooth
establecida. Cando o indicador
pestanexa, significa que o
dispositivo está intentando
conectarse con outro dispositivo.
Hai unha conexión de paquetes de
datos GPRS dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
Hai unha conexión de paquetes de
datos EGPRS dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
Hai unha conexión de paquetes de
datos 3G dispoñible (servizo de
rede). indica que a conexión está
activa. indica que a conexión está
en espera.
HSDPA/HSUPA é compatible e está
dispoñible (servizo de rede). A icona
pode variar segundo as rexións.
indica que a conexión está activa.
indica que a conexión está en
espera.
Uso básico 17
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
O seu dispositivo está conectado a
un ordenador mediante un cable
USB.
A segunda liña do teléfono está en
uso (servizo de rede).
Todas as chamadas son desviadas a
outro número. Se ten dúas liñas de
teléfono, un número indicará a liña
que se atopa activa.
Hai uns auriculares ou un loopset
conectado ao dispositivo.
Hai un kit de mans libres para coche
conectado ao dispositivo.
O dispositivo está sincronizándose.
É posible que tamén aparezan outros
indicadores.