
Perfil Desconectado
Para activar rapidamente o perfil
Desconectado, prema brevemente a tecla
de acendido e seleccione
Fóra de liña
.
Para pasar a outro perfil, prema
brevemente a tecla de acendido e
seleccione un perfil.
Cando o perfil Desconectado está activo,
todas as conexións que empregan
frecuencias de radio están pechadas. Non
obstante, pode utilizar o dispositivo sen a
tarxeta SIM e escoitar a radio ou música.
Lembre apagar o dispositivo nas zonas
onde o uso de teléfonos sen fíos está
prohibido.
Importante: No perfil
Desconectado, non é posible efectuar nin
recibir chamadas, nin utilizar outras
funcións que requiran o uso de cobertura
de rede móbil. Sen embargo, poderá
efectuar chamadas ao número de
emerxencia oficial programado no
dispositivo. Para efectuar chamadas,
primeiro cómpre activar a función do
teléfono mediante a modificación dos
perfís. Se se bloqueou o dispositivo, insira
o código de bloqueo.