Seguridade da conexión
Se o indicador de seguridade ( ) se
amosa durante unha conexión, significa
que a transmisión de datos entre o
dispositivo e a pasarela da Internet ou o
servidor está cifrada.
A icona de seguridade non indica se a
transmisión de datos entre a pasarela e o
servidor de contido (onde se almacenan
os datos) é segura. O fornecedor de
servizos protexe a transmisión de datos
entre a pasarela e o servidor de contido.
É posible que sexa necesario dispoñer de
certificados de seguridade nalgúns
servizos, como os servizos de banca. Se a
identidade do servidor non é auténtica ou
se non dispón do certificado de
seguridade correcto no teléfono, recibirá
unha notificación. Para obter máis
información, póñase en contacto co seu
fornecedor de servizos.
Web 51
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Importante: Aínda que o uso de
certificados reduce considerablemente os
riscos relacionados coas conexións
remotas e as instalacións de software,
cómpre utilizalos correctamente para
beneficiarse do aumento da seguridade. A
existencia dun certificado non ofrece
protección por si mesmo. O administrador
do certificado debe dispoñer de
certificados correctos, auténticos ou
fiables para poder aumentar a
seguridade. Os certificados teñen data de
caducidade. Se se amosa "Certificado
caducado" ou "O certificado non é válido",
incluso no caso de que o certificado
debera ser válido, comprobe que a hora e
a data do dispositivo son correctas.
Antes de modificar os axustes dos
certificados, cómpre asegurarse de que o
propietario do certificado é realmente
fiable e que pertence realmente ao
propietario facilitado.