Instalar aplicacións
Seleccione >
Aplicacións
>
Instalacións
>
Xestor aplic.
.
Os ficheiros de instalación pódense
transferir ao dispositivo dende un
ordenador compatible, descargar durante
a navegación ou recibilos nunha mensaxe
multimedia, como ficheiro adxunto de
correo electrónico, ou mediante outros
métodos de conexión, como unha
conexión Bluetooth. Pode utilizar Nokia
Application Installer de Nokia Ovi Suite
para instalar unha aplicación no
dispositivo.
As iconas do xestor de aplicacións indican
o seguinte:
Aplicación SIS ou SISX
Aplicación Java™
Widget
Importante: Só instale e utilice
aplicacións e outro software procedente
de fontes de confianza, como aplicacións
Symbian Signed ou que teñan pasado a
proba Java Verified™.
Antes da instalación, teña en conta o
seguinte:
•
Para ver o tipo de aplicación, o
número da versión e o seu fornecedor
ou creador, seleccione
Opcións
>
Ver
detalles
Para ver os detalles do certificado de
seguridade da aplicación, seleccione
Detalles:
>
Certificados:
>
Ver
detalles
.
•
Se instala un ficheiro que contén unha
actualización ou parche para unha
aplicación existente, só pode
restaurar a aplicación orixinal se
posúe o ficheiro de instalación
orixinal ou unha copia de seguridade
completa do paquete de software
eliminado. Para restaurar a aplicación
orixinal, elimine a aplicación e
instálea de novo dende o ficheiro de
instalación orixinal ou dende a copia
de seguridade.
Para instalar aplicacións Java é
preciso o ficheiro JAR. Se non se atopa,
é posible que o teléfono lle solicite a
súa descarga. Se non existe ningún
punto de acceso definido para a
aplicación, solicitaráselle seleccionar
un. Durante a descarga do ficheiro
JAR, é posible que necesite inserir un
nome de usuario e un contrasinal para
acceder ao servidor. Pode obtelos do
fornecedor ou creador da aplicación.
Para instalar software ou unha a
aplicación, leve a cabo os pasos que se
indican a continuación:
1 Para localizar un ficheiro de
instalación, seleccione >
Aplicacións
>
Instalacións
>
Xestor aplic.
. Tamén pode buscar os
ficheiros de instalación mediante o
Xestor de ficheiros ou seleccionar
Mensaxería
>
Caixa entrada
e abrir
unha mensaxe que conteña un
ficheiro de instalación.
2 No Xestor de aplicacións, seleccione
Opcións
>
Instalar
. Noutras
Xestión de datos 81
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.
aplicacións, seleccione o ficheiro de
instalación para que esta comece.
Durante a instalación, o teléfono
amosa información acerca do seu
progreso. Se instala unha aplicación
sen certificado ou sinatura dixital, o
teléfono amosará unha advertencia.
Continúe a instalación só se está
seguro da orixe e contido da
aplicación.
Para executar unha aplicación instalada,
localícea no menú e selecciónea.
Para ver os paquetes de software
instalados ou eliminados e a súa data,
seleccione
Opcións
>
Ver rexistro
.
Importante: Ó dispositivo só
admite unha aplicación antivirus.
Dispoñer de máis dunha aplicación con
función antivirus pode afectar ao
rendemento e funcionamento ou
provocar que o dispositivo deixe de
funcionar.
Despois de instalar as aplicacións nunha
tarxeta de memoria compatible, os
ficheiros de instalación (.sis, .sisx)
permanecen na memoria do dispositivo. É
posible que os ficheiros utilicen grandes
cantidades de memoria e lle impidan
almacenar outros ficheiros. Para manter
suficiente memoria, utilice Nokia Ovi Suite
para facer unha copia de seguridade dos
ficheiros de instalación nun ordenador
compatible e, a continuación, utilice o
xestor de ficheiros para eliminar os
ficheiros de instalación da memoria do
dispositivo. Se o ficheiro .sis é un ficheiro
achegado dunha mensaxe, elimine a
mensaxe da bandexa de entrada.