
Configuración remota
Seleccione >
Axustes
>
Xestor
dispositivos
.
O xestor de dispositivos permítelle
xestionar de xeito remoto os axustes,
datos e software do seu dispositivo.
Pode conectarse a un servidor e recibir os
axustes de configuración para o seu
dispositivo. É posible que reciba perfís de
servidor e distintos axustes de
configuración dos seus fornecedores de
servizo ou do departamento de xestión de
información da empresa. Os axustes de
configuración poden incluír axustes de
conexión e doutro tipo empregados por
distintas aplicacións do seu dispositivo. As
opcións dispoñibles poden variar.
Normalmente, o servidor comeza a
conexión de configuración remota cando
os axustes do dispositivo precisan ser
actualizados.
Para crear un novo perfil de servidor,
seleccione
Opcións
>
Perfís servidor
>
Opcións
>
Novo perfil de servidor
.
É posible que reciba estes axustes nunha
mensaxe de configuración enviada polo
seu fornecedor de servizos. En caso
contrario, defina o seguinte:
Nome do servidor — Introduza un nome
para o servidor de configuración.
ID de servidor — Introduza o ID único
para identificar o servidor de
configuración.
Contrasinal de servidor — Introduza un
contrasinal para identificar o seu
dispositivo no servidor.
Punto de acceso — Seleccione o punto
de acceso utilizado para a conexión ou
cree un punto de acceso novo. Se o desexa,
pode facer que se lle pregunte polo punto
de acceso cada vez que inicie unha
conexión. Este axuste só está dispoñible
se ten seleccionado
Internet
como tipo
de portador.
Enderezo de host — Introduza o
enderezo web do servidor de
configuración.
Xestión de datos 83
© 2010-2011 Nokia. Todos os dereitos reservados.

Porto — Introduza o número de porto do
servidor.
Nome de usuario e
Contrasinal — Introduza o seu ID de
usuario e contrasinal para o servidor de
configuración.
Permitir configuración — Seleccione
Si
para permitir que o servidor inicie a sesión
de configuración.
Aceptar autom. todas — Seleccione
Si
se non desexa que o servidor lle solicite
confirmación cando inicie unha sesión de
configuración.
Autentificación de rede — Seleccione se
quere usar autenticación http.
Nome de usuario de rede e Contrasinal
de rede — Introduza o seu ID de usuario
e contrasinal para a autenticación http.
Este axuste só está dispoñible se
seleccionou utilizar
Autentificación de
rede
.
Para conectarse ao servidor e recibir
axustes de configuración para o seu
dispositivo, seleccione
Opcións
>
Iniciar
configuración
.
Para ver o rexistro de configuración do
perfil escollido, seleccione
Opcións
>
Ver
rexistro
.
Para actualizar directamente por teléfono
o software do dispositivo, seleccione
Opcións
>
Verificar actualizacións
. A
actualización non elimina os seus axustes.
Cando reciba o paquete de actualización
no seu dispositivo, siga as instrucións da
pantalla. O dispositivo reiniciarase cando
remate a actualización.
A descarga de actualizacións de software
pode implicar a transmisión de grandes
cantidades de datos (servizo de rede).
Asegúrese de que a batería do dispositivo
dispoña de carga suficiente ou conecte o
cargador antes de iniciar a actualización.
Aviso:
Se instala unha actualización de software,
non poderá utilizar o dispositivo, nin
sequera para efectuar chamadas de
emerxencia, ata completar a instalación e
reiniciar o dispositivo.